Saturday 18 de May de 2024

II Andaina solidaria contra o cancro


O concelleiro de deportes, Xabier Vidal, e o concelleiro de Servizos Sociais, presentaron hoxe a II edición da Andaina contra o cancro organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Ribeira.

A cita terá lugar o vindeiro 14 de outubro; con saída da Praza do Concello ás 17:30 da tarde cun recorrido de 5 km. De xeito previo á Andaina, e co propósito de facilitar as inscricións e a venda de camisetas, a Asociación estará na Praza do Concello dende primeira hora da mañá, donde se realizará unha demostración de Kempo e unha masterclass de bailes latinos.

O itinerario, xestionado coa colaboración da Asociación de Veciños de Carreira e Abraham Benítez, é accesible para calquer persoa e percorrerá o Paseo de Coroso. O custo da inscrición será de 5 euros.